jueves, 26 de noviembre de 2009

1º de ESO en Naturnova

Naturnova é un Centro interactivo de educación ambiental aberto ao público dende o 5 de xullo de 2003. Trata de presentar de forma clara e resumida o noso medio ambiente, un mundo repleto de curiosidades, a todas aquelas persoas interesadas en darlle a man a algo tan atractivo como é a Natureza.
O seu principal obxectivo é estimular o coñecemento do mundo que nos rodea e a difusión da súa importancia, co fin de que aprendamos a valoralo, respectalo e querelo. Ninguén quere aquilo que descoñece.





jueves, 12 de noviembre de 2009

Premios

Agustín Ucha
Miguel Ángel González
Marián Rouco



Concurso Cabazas

jueves, 5 de noviembre de 2009

O MAGOSTO


O MAGOSTO

Este ano, e se o tempo o permite será o 13 de Novembro. Esta é unha das datas mais agardadas no noso centro, xa que celebramos unha xornada de convivencia entre profesores e alumnos no Lago de Castiñeiras. Saímos xa a primeira hora da mañán dende o colexio e imos dando un “ paseíño ” ata a Lagoa; bueno… un paseíño de varios Km. Ao chegar, e despois de descansar un pouco organízanse xogos e competicións ata o momento de comer as castañas que levan os rapaces e os profesores e que sempre asa o Padre Borrajo.